O disfrace invisible

www.odisfraceinvisible.com

Proposta orixinal e exclusiva enmarcada dentro das actividades do Entroido 2021 en Santiago de Compostela, como reto público para estimular o enxeño e a creatividade local.

É un concurso fotográfico de persoas que se disfrazan para camuflarse ou “desaparecer” da imaxe, dentro de lugares recoñecibles de Santiago de Compostela.

Os concursantes terán que enviar fotografías con traxes feitos de tal xeito que se fundan ou camuflen cos monumentos, prazas ou recunchos emblemáticos da cidade, para que pasen case desapercibidos ao primeiro visionado.

Un xurado outorgará premios en metálico valorando o enxeño e orixinalidade dos participantes, o deseño e fabricación dos traxes, a calidade técnica das fotografías e que os lugares escollidos poñan en valor a propia cidade.